Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG rexeita a construción dun edificio en Arealonga que “pechará definitivamente o bordo do litoral”

bng arealonga

A proposta de modificación do PERI de Chapela, aprobada co apoio de PSOE, PP e AER permitirá, segundo explican dende a formación nacionalista, a construción edificio que contará “con trinta e seis vivendas e unha fachada de ata cincuenta e dous metros, co que se vai deteriorar aínda máis o entorno da praia de Chapela”.

A proposta de construción a escasos vinte metros da Praia de Arealonga, dun único edificio conformado por baixo, dous andares, e baixo cuberta, non conta co beneplácito da organización nacionalista porque, segundo expresou o seu voceiro municipal, Xoán Carlos González, “péchase definitivamente o bordo litoral de Chapela cunha nova edificación”.

Recorda o edil nacionalista que o proxecto que vai desenvolver a promotora contou co rexeitamento de numerosos veciños e veciñas, que presentaron alegacións. Dende o BNG, consideran que existen evidencias fundadas, para non apoiar esta proposta que finalmente saíu adiante. “Toda a fronte da praia vaise converter nunha fachada de edificacións”, engade.

O que se aprobou no Pleno é un estudo de detalle para reordenar os espazos para este edificio, que propón unha fachada de ata vinte cinco metros na súa fronte marítima. Parcialmente agochada, por construcións xa existentes, chegaría ata os cincuenta e dous metros de ancho por nove de altura. Constará de baixo, dúas plantas e baixocuberta con vinte seis pisos e apartamentos, e ata corenta e seis prazas de aparcamento. “O que se pretende é sacar o máximo rendemento lucrativo desta obra, mesmo reconvertendo o baixo, tradicionalmente destinado á actividade comercial, en oito vivendas” sinala o voceiro do BNG. 

Por outra banda considera, que as corenta e seis novas prazas de garaxe suporán un incremento do número de automóbiles que continuamente se moverán nesta zoa de lecer  de Chapela, principalmente en época estival e sinalan que “o caso máis extremo producirase nos accesos aos garaxes polo Camiño da Grila, onde nin sequera pode acceder unha ambulancia”.

Xoán Carlos González, considera que esta construción, vai supor un novo problema de encarecemento da vivenda no entorno de Arealonga e critica que dende o goberno de Digna Rivas se renuncie a controlar a suba do prezo dos pisos.

A proposta de modificación do PERI de Chapela, contou co apoio de PSOE, PP, e AER. “A decisión do BNG, foi a de rexeitar esta proposta, posto que non obedece aos intereses medioambientais da praia, de mellora de espazos públicos, nin de condicións máis favorábeis para adquisición de vivenda para o conxunto da veciñanza”,  remata na nota o edil do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará