Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iria Vilaboa: “O máis inmediato é recuperar actividades que quedaron no camiño”

iria vilaboa

Na mente da nova concelleira de cultura está xa recuperar citas tradicionais no noso concello como a Festa do Choco, as celebracións da Coca e incluso o Entroido de verán. Actividades que caían da programación cultural de anos anteriores por mor da pandemia e que poderían volver celebrarse en todo o seu esplendor de cara ao vindeiro ano. Ese é o desexo de Vilaboa quen, logo de dous meses ao fronte do departamento de cultura, vén de presentar a programación do outono inverno na que cobra especial relevancia o teatro.

“Hai que volver ao directo”, con esa premisa a edil propón a grandes e cativos que se acheguen ao Multiúsos da Xunqueira e gocen do teatro e dos espectáculos de monólogos que van centrar a programación cultural dos vindeiros meses con tres ciclos diferentes: IV Ciclo de Teatro Infantil, Ciclo Vive o teatro e Humor na súa tinta.

Unha cultura segura que permite un 75% do aforo pero que mantén requisitos obrigados como o uso da máscara e do hidroxel para  evitar calquera risco para o espectador. Unha cultura máis económica “optamos por reducir os prezos das entradas, con espectáculos a 3 euros fronte aos 5 ou 7 euros que custaba antes ir ao teatro, para promover así que a xente volva aos auditorios”.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

Tamén dentro deste programa salienta a batalla de Rande como unha das citas máis inmediatas xa que este mesmo sábado haberá un desfile polas rúas de Redondela ás 19:00 horas, unha chamada á veciñanza que na seguinte fin de semana (días 23 e 24) poderán gozar do groso das actividades con saídas en barco pola enseada e vistas a Illa de San Simón a 4 euros, obradoiros de alfarería, escritura antiga, pintura clásica e impresión de moeda e representacións teatrais a cargo da Asociación deportiva e Cultural de Rande.

Conmemoración da batalla de Rande

O seu obxectivo é recuperar a normalidade pasiño a pasiño e da man sempre das asociacións culturais que traballan en todas as parroquias “Redondela ten que volver a ser un referente en cultura despois do declive dos anteriores gobernos” apunta a Concelleira.

Volver ser un referente na cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará