Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noa Presas cualifica de “insoportable” a situación derivada dos prezos da luz

bng charla luz

A parlamentaria nacionalista participaba este xoves nunha charla no Multiúsos de Arcade que se quedaba pequeno ante o interese da veciñanza por coñecer as causas da importante suba do prezo da luz nos últimos meses, así como as propostas que dende o BNG defenden de cara a reducir os beneficios das eléctricas e abaratar a factura dun ben básico para a cidadanía como é a enerxía eléctrica.

Insistía Presas que hai dúas causas principais: o feito de que existen impostos que gravan a electricidade e que nada teñen que ver coa enerxía e, por outra banda, o sistema que se emprega para fixar o prezo da factura e que permite “gran manipulación por parte das empresas eléctricas.

Noa Presas, parlamentaria do BNG

Explica que se usa un sistema de poxas no que se fixa o prezo en base a aquela tecnoloxía coa que producir enerxía é máis caro e que vai determinar o prezo que obteñen todas as empresas malia que produzan electricidade mediante enerxías mías baratas. Presas explicábao situándonos nun supermercado “sería como si pagaramos o pan ao prezo dos percebes”. Son os coñecidos como “beneficios caídos do ceo”.

Beneficios caídos do ceo

Por outra banda están impostos como o IVE que nos últimos tempos se viu reducido pero que dende o BNG defenden “se estableza nun 4% de xeito permanente”.

Defenden no BNG un IVE do 4%

Dende o Bloque chaman a sumarse hoxe a un novo acto de protesta contra o expolio das eléctricas consistente en apagar a luz entre as 22:00 e as 22:30 horas de hoxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará