Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente leva a campaña de fomento da compostaxe doméstica as parroquias

composteiros

A Concellería continúa cunha intensa campaña de sensibilización cidadá sobre a compostaxe, as súas vantaxes e a importancia de utilizar un sistema de tratar os residuos sólidos urbanos de xeito medioambientalmente sostible e que, amais, proporciona abono orgánico de alta calidade.

Ao longo das vindeiras semanas, veciñas e veciños poderán recoller os composteiros individuais solicitados ao mesmo tempo que recibirán unha pequena charla informativa sobre a utilización dos mesmos e instrucións detalladas de como conseguir un funcionamento óptimo dos mesmos.

Logo da actividade que o xoves 7 de outubro tiña no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, as charlas informativas e adxudicación de composteiros individuais –todas elas ás 20 horas– continuará nos seguintes días e lugares:

    Venres 8 de outubro. Centro Cultural de Cidadelle.

    Luns 11 de outubro. Centro Cultural de Reboreda.

    Mércores 13 de outubro. Centro Cultural de Vilar.

    Xoves 14 de outubro. Meirande. Rande.

    Venres 15 de outubro. Centro Cultural de Cedeira.

Tanto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, como o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, salientaron a importancia desta campaña de fomento da compostaxe desenvolvida dende a Concellería de Medio Ambiente “ao constituír unha ferramenta de extraordinaria importancia na xestión dos residuos orgánicos”.

De feito, está demostrado que a utilización da compostaxe reduce considerablemente a cantidade de materia orgánica e, polo tanto, diminúe os custes de transporte dos residuos cos conseguintes beneficios para a cidadanía e, a maiores, a retención de auga do compost aforra auga de rego e aporta os nutrientes para o desenvolvemento das plantas de forma natural”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará