Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Taichí chega ás parroquias

taichí

As clases de taichí do programa Redondela Saúde ten aberto xa o prazo de inscrición. Nesta edición a actividade, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, impartiranse por grupos en Redondela, Chapela, Cabeiro, Reboreda, O Viso (Saramagoso) e Ventosela.

As clases de taichí no concello de Redondela constitúen unha das actividades que máis demanda ten e que contan cunha alta participación da veciñanza dados os beneficios que para a saúde, supón esta práctica milenaria, explica a concellería Iria Vilaboa. Por ese motivo e para que poidan participar un maior número de persoas, ademais dos grupos que tradicionalmente funcionaban na Alameda de Redondela e no Multiúsos de Chapela engádenselle agora novos grupos en Cabeiro, O Viso (Saramagoso), Reboreda e Ventosela, de tal xeito que as e os participantes poidan reducir os seus desprazamentos.

Nos impresos de inscrición, que se poden retirar nas oficinas do Rexistro Xeral –tanto na Casa do Concello de Redondela como en Chapela– ou na páxina web do Concello, as persoas interesadas deberán marcar o grupo no que queren participar. Nos casos de Redondela e Chapela que contarán con dous horarios, deberán marcar tamén a opción preferida.

As clases impartiranse nos seguintes horarios: Redondela, martes e xoves de 8.30 h a 9.30 horas (opción 1) e de 9.30 h a 10.30 horas (opción 2). Chapela, luns e venres de 9 h a 10 horas no Pavillón de Deportes (opción 1) e de 17.30 h a 18.30 horas no Círculo Cultural (opción 2).

O resto dos lugares terán un único horario quedando tal e como segue: Cabeiro, mércores de 18 h a 19 horas e venres de 20.15 h a 21.15 h; O Viso (Saramagoso), martes e xoves de 19 h a 20 horas; Reboreda, luns e venres de 19 h a 20 horas e, finalmente, Ventosela, martes e xoves de 17.30 horas a 18.30 horas. Cómpre salientar que no caso concreto de Saramagoso, a actividade no comezaría ata o luns 25 de outubro ao estarse realizando obras na Casa Cultural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará