Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda reclama que a saúde mental chegue por igual á poboación rural e urbana

saúde mental

A Asociación Lenda retoma este venres as actividades con público para conmemorar o Día da saúde mental. O lema deste ano “A saúde mental, un dereito necesario. Mañá podes ser ti” céntrase na defensa dunha saúde mental nun mundo desigual, un tema que cobra especial importancia no contexto da pandemia. O acto desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e contará tamén coa participación de Patricia Rodríguez e Heidi Van der Biest, responsables do proxecto Pegadas con Alma, a través do cal recadaron fondos para que a Asociación Lenda puidera renovar o material deportivo que empregan nas súas terapias.

Jaime Figueroa, Lenda

A saúde mental é un dereito de todas as persoas independentemente da súa situación. Unha máxima que choca coa realidade ao constatarse que as desigualdades sistemáticas entre as persoas son cada vez máis palpables e producen vulneración de dereitos. Provocan diferenzas no acceso aos servizos e na calidade da saúde mental da poboación. Compre dicir que non é o mesmo padecer unha enfermidade mental no rural que no ámbito urbano, xa que independentemente da apertura social que poida existir en cada lugar á hora de comprender unha enfermidade mental, os recursos sempre son menos accesible para aqueles que viven no rural.

Neste sentido explica Jaime Figueroa que “non rural as patoloxías sempre se agravan porque os recursos están lonxe e accedera eles é máis complicado, as autoridades teñen que ser conscientes de que Galicia é eminentemente rural e, polo tanto, aplicar políticas de saúde mental atendendo a esta características”.

Tamén compre achegar unha perspectiva de xénero neste tipo de enfermidades xa que se constata que, sobre todo na pandemia, o número de mulleres que padeceu unha enfermidade mental foi en aumento.

No Día da Saúde Mentla queren reclamar o dereito de todos e todas a acceder a tratamentos e recursos

Cuestións das que se falará no acto de mañá no que se explicará tamén o proxecto Pegadas con Alma que permitiu recada os fondos necesarios para financiar a compra de material deportivo para o Centro. Uns cartos que superaron as expectativas polo que o resto do recadado destinarase a financiar actividades de ocio para as persoas usuarias de lenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará