Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa Procurando saúde da Cruz Vermella chega a Chapela

Cruz Vermella actividades

A iniciativa conta coa colaboración do Concello e busca mellorar os hábitos saudables e a xestión de emoción a través dunha metodoloxía lúdica e activa. Logo de arrancar en Cabeiro e en Reboreda, o taller impartirase tamén en Chapela a partir do 5 de outubro. A inscrición está aberta na sede da Cruz Vermella en Redondela, nos baixos da Casa da Cultura, n oteléfono 986 32 56 00 e no enderezo redondela@cruzroja.es

O programa desenvólvese cunha metodoloxía lúdica e activa, e realízase tanto de forma individual como grupal (cun máximo de 10 participantes por sesión). Consiste nun itinerario personalizado no que se realiza unha valoración das necesidades individuais dos participantes e se ofertan unha serie de capacitacións  grupais adaptadas ao grupo.

Nas sesións abórdanse temas como a xestión da tensión a través do “Humor como terapia”, ou a autoestima, con sesións sobre o amor propio “Quérome e cóidome” e o empoderamiento como reforzo ante situacións complicadas. Ademais proporciónase información básica sobre hábitos saudables e o impacto que teñen na nosa saúde.

Diana Freire explica en que consiste o programa

Este proxecto desenvólvese entre os meses de Xullo e Novembro 2021 e está subvencionado polo Concello de Redondela ademais de contar coa colaboración das diferentes entidades onde se realizan os talleres.  

Despois de ano e medio ofrecendo actividades telemáticas e atención telefónica, Cruz Vermella, prevé volver ofrecer máis cursos presenciais e semipresenciales, sempre garantindo a seguridade dos  participantes, para promover a interacción social.

Ademais do proxecto Procurando Saúde, continúan os talleres de memoria para persoas maiores, as clases de español para persoas inmigrantes e os talleres dentro  do  proxecto Promoción do éxito escolar para os máis novos, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará