Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo urxe ao Concello que aprobe as bases do GES

CarmenAmoedo

O grupo municipal do PP insta ao goberno local “para que de prioridade á elaboración das bases para o funcionamento do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), que debe estar operativo o próximo 30 de xuño. A voceira popular, Carmen Amoedo, manifesta que “até o momento non hai noticia algunha sobre a contratación de persoal, o organigrama do equipo e a súa actividade”. Para Amoedo é “preocupante” que non houbese aínda ningún contacto co Concello de Mos “co que deberá coordinarse o GES de Redondela”. Por outra banda a concelleira do PP denuncia que o executivo de Rivas tampouco contactou cos profesionais do SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios) “que desde hai semanas demandan información sobre cal será a súa situación unha vez empece a funcionar o GES”. Desde o PP advirten que se oporán á fusión de ambos os servizos que, en conxunto, terán que contar con 9 membros: 6 pertencentes ao GES e os 3 que actualmente traballan no SEIS. Carmen Amoedo volveu esixir á alcaldesa, Digna Rivas, “que prescinda da responsable de Seguridade e Interior, Marta Alonso, á vista da súa incapacidade para dirixir a concellaría”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará