Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cribado masivo realizado en Soutomaior detecta 5 casos positivos de Covid-19

Cribado anticovid Arcade

Os datos oficiais do Sergas revelan que case un 70% da poboación que estaba chamada a realizar esta proba acudiu ao cribado, realizado a pasada semana no Centro de Saúde de Arcade. Durante os catro días que durou o test realizáronse 1.973 probas, das que só 5 resultaron positivas, o que supón unha incidencia do 0,25%. Ao cribado estaban citadas un total de 2.885 persoas de entre 40 e 79 anos de idade, das que finalmente acudiron 1.973 (68,4%). O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, valorou moi positivamente a participación no cribado. Agradeceu a todos os veciños “o seu compromiso pola saúde de todos”, e sinalou que “a pesar dos problemas do primeiro día, a participación é realmente boa e demostra a solidariedade da veciñanza”. Reguera sinalou tamén que, tendo 150 casos activos de Covid no municipio, e contando que cada afectado pode ter dous ou tres contactos directos “supón ter varios centos de persoas que están en corentena e que non podían acudir á proba”. Do mesmo xeito, o rexedor valorou a taxa de positividade do cribado como “moi esperanzadora” porque indica que a gran maioría dos casos existentes están detectados “e iso facilita que o número de infeccións activas poida ir descendendo”.

O Sergas inicia cribado masivo para 6.000 veciños de Redondela

O Servizo Galego de Saúde comezou onte a citar a 6.000 veciños asintomáticos de Redondela para acudir ao longo desta semana ao Covid-Auto do hospital Meixoeiro de Vigo e participar nun cribado masivo con test PCR. É o segundo que se realiza á poboación deste municipio, logo do primeiro feito o pasado mes de decembro. A alta incidencia da Covid na localidade, con 215 casos activos segundo datos do Sergas facilitados onte, levou á Consellería a repetir estas probas. Están chamados 3.000 usuarios do PAC de Redondela e outros 3.000 do Centro de Saúde de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará