Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Este Nadal, agasalla “Casa Paco 81”

manoloTenda

O club redondelán vén de inaugura a súa “Tenda Recordo 40 aniversario”, onde os siarieiros poderán mercar material deportivo, complentos e ata máscaras de protección do Grupo Casa Paco. Trátase dunha nova iniciativa coa que celebrar as catro décadas de historia deste referente do fútbol base.

O seu presidente, Manolo Conde, explica que a idea xurdiu ante a imposibilidade de realizar outro tipo de actividades. A pandemia da Covid-19 non lles permite celebrar partidos, organizar torneos ou outro tipo de eventos para festexar o 40º aniversario, “e os nenos nin sequera poden adestrar desde o pasado mes de marzo”, lembra. Por iso decidiron poñer en marcha esta tenda, que estará aberta ata a festividade de Reis, aproximadamente. Agradece a colaboración desinteresada da propietaria do local, Beatriz, que lles cedeu o baixo, e anima a toda a veciñanza a pasar pola tenda e mercar algún recordo do Grupo Casa Paco como agasallo para este Nadal. Poden atopar camisetas, polos, gorras, bandeiríns, bufandas e tamén un complemento imprescindible nesta era Covid: as máscaras de protección con dous modelos diferentes. O local está situado no número 3 da rúa Meixón Frío, e abre de luns a sábado, en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará