Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello anuncia unha liña de axudas directas ao sector da hostalaría

hostalaría

Entre as medidas adiantadas polo goberno local de cara a axudar a este sector, ademais da liña de axudas directas, contemplan a derrogación da taxa pola instalación de terrazas durante todo o ano 2021, así como a devolución do importe da taxa de recollida do lixo en base ao tempo que os establecementos permanezan pechados. Dado que os recibos xa están emitido e se descoñécese a duración, explican dende o concello que a devolución non se poderán realizar ata o remate da situación actual.

María Castro falaba destas medidas nos nosos moicrófonos

O Concello de Redondela poñerá en marcha medidas de axuda específicas dirixidas ao sector da hostalaría que, nesta nova onda da COVID-19 e a situación de confinamento perimetral, será o grande prexudicado ao ter que pechar as súas portas, aló menos, durante un mes.

A alcaldesa Digna Rivas, acompañada da concelleira de Comercio, María Castro e do concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, anunciaron estas medidas logo dunha reunión na Casa do Concello con representantes do sector coa finalidade tanto de escoitar as súas propostas como dar conta dalgunhas das medidas que o Goberno local porá en marcha, de xeito inmediato, para paliar o impacto desta nova situación “e contribuír á recuperación dun sector que ten unha extraordinaria importancia na dinamización comercial e económica do municipio”.

Anuncian tamén que manterán un contacto directo e permanente cos profesionais do sector para coñecer a situación puntual de cada un e avaliar as medidas a adoptar.

A alcaldesa redondelá, respecto ás axudas directas a hostalaría que poñerá en marcha o Concello, subliñou que “as nosas hostaleiras e hostaleiros, que están a pasar por unha situación máis que complicada, non poden estar á espera dunhas anunciadas axudas da Xunta que non acaban de chegar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará