Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificados catro homes por pagar con billetes falsos usados en rodaxes de películas

billetes falsos

A Policía Local de Redondela procedeu na xornada de onte a identificar a catro individuos, de entre 19 e 32 anos de idade, logo de recibir un aviso dunha das persoas estafadas, o propietario dun local de hostalaría do concello de Pazos de Borbén. Os delincuentes empregaran tamén estes billetes para pagar nun estanco da mesma localidade.

Os feitos tiñan lugar na tarde de onte cando un dos afectados alertaba a Policía Local de que os presuntos estafadores se dirixían cara Redondela, polo que os axentes procederon a deter o seu vehículo na rúa Cardosas, nas inmediacións da oficina do Inem.

Previamente estes catro homes, veciños de Vigo e Cadas de Reis, empregaran billetes falsos de euros empregados en rodaxes de películas para facer diferentes pagos tanto nun estanco como nunha cafetería de Pazos.

Os cartos empregados, malia parecer billetes auténticos, levan escritos en inglés “This is not legal tender, it’s used for motion props” (Isto non é de curso legal, úsase para rodaxes no cine). Ademais alertan á cidadanía de que se trata de billetes de baixa calidade.

Durante a identificación procedeuse tamén a inspeccionar o vehículo intervíndose 210 euros de curso legal procedentes presuntamente das voltas que obtiñan logo de usar os billetes falsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará