Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pecha parques infantís e Redondela descarta novas restricións tras entrar en alerta vermella

red+souto

O empeoramento da situación epidemiolóxica en Soutomaior, levou ao goberno local a implementar novas medidas que buscan frear a escalada de contaxios. Neste sentido o alcalde Agustín Reguera confirma que se pechan todos os parques infantís do municipio e queda suspendida a actividades deportiva e cultural municipal. Preocupa tamén a situación dos centros educativos, xa que nos tres do municipio se teñen confirmado casos, tanto no Colexio público Padín Truiteiro como no centro privado Santiago Apostol e no Instituto da localidade. En Redondela non está previsto endurecer as medidas que están xa en vigor, segundo explicou a alcaldesa, Digna Rivas.

Novas medidas en Soutomaior

A situación é preocupante e así o recoñece o alcalde, quen insiste na necesidade de seguir respectando todas as limitacións xa aprobadas días atrás dende a Xunta e o goberno estatal. Unhas medidas que endurecen dende a administración local coa suspensión de actividades culturais, peches de parques infantís e a suspensión das actividades das escolas deportivas municipais. Con todo, Reguera insiste en que os veciños están a actuar con responsabilidade “non temos constancia de incidentes por aglomeración de xente ou pola realización de botellóns”.

Soutomaior decreta novas medidas para tentar deter o avance do coronavirus

Preocupa especialmente a situacións dos centros educativos “sabemos que houbo casos positivos en todos os centros” polo que hai que extremar as precaucións.

Detectáronse casos aillados en todos os Centros educativos do concello

Respecto das repercusións económicas lamenta Reguera os graves efectos que esta situación está a ter un sector tan importante na localidade como é a hostalaría “logo dun verán moi beneficioso para a hostalaría local ,agora hai que lamentar esta situación que os afecta de cheo, xa que malia non haber máis restrición o estado de alarma e o toque de queda suporá unha menor afluencia de clientes, pero primeiro está a saúde e logo a economía”.

O sector da hostalarái que lograra remontar no verán volve verse seriamente afectado

Sen máis restricións en Redondela

O concello de Redondela entraba en alerta vermella o pasado sábado, pero dende o concello non teñen previsto endurecer as medidas actuais que se decretaban a semana pasada coa cancelación de actos culturais, da feira do día 6 ou dos cursos de taichí, roteiros e visitas guiadas ao cemiterio dos Eidos. Unhas medidas que segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, xa se adiantaban a un empeoramento no número de contaxios e buscan reducir aglomeracións e actos sociais.

Digna Rivas descarta medidas a maiores das xa adoptadas a semana pasada

Insiste a alcaldesa en que non se ten producido ningún brote e que os casos son illados, polo que malia que preocupante a situación non é alarmante.

Non hai ningún gromo preocupante, os casos detectados son illados
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará