Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende os actos culturais e adopta novas medidas para frear o avance da COVID-19

redonnivel1

O concello decidiu suspender as actividades culturais previstas para os próximos días logo das novas restricións aprobadas pola Xunta co obxecto de poñer freo a escalada de contaxios que se están a dar na comunidade. Entre as medidas adoptadas cabe salientar a suspensión da feira do vindeiro día 6 así como o concerto de Seso Durán previsto para este sábado. Suspéndense tamén os cursos de taichí, celebración de roteiros e visitas guiadas ao cemiterio de Eidos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas anunciou hoxe unha serie de medidas que o Concello adoptará para “frear, na medida do posible, o avance da COVID-19 e garantir a saúde e seguridade das nosas veciñas e veciños”. Ademais da cancelación da programación cultural, suspéndese o mercado quincenal que tería que celebrarse o 6 de novembro, os cursos de taichí, os roteiros e as visitas guiadas ao cemiterio de Eidos.

Do mesmo xeito, os parques públicos e instalacións similares permanecerán pechados de 00 horas a 06 horas e extremaranse as medidas de seguridade no mercado de abastos, de cara a que a veciñanza poida facer, de xeito ordenado e sen risco, as súas compras.

Dende o Concello, a alcaldesa volveu lembrar a necesidade urxente “de cumprir coas medidas preventivas publicadas dende o Concello, como medio máis eficaz para evitar a propagación da COVID-19”. Non podemos permitirnos o luxo “de ignorar recomendacións que poden ser o único medio para evitar volver a un confinamento que tería unhas consecuencias incalculables”.

Aconsellan tamén que se restrinxan ao máximo as actividades que favorezan o contacto entre persoas no ámbito privado e que, en todo caso, calquera actividade que se realiza sexa coas limitación e medidas de seguridade e prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

Conclúe Rivas lembrando que malia atoparse Redondela en nivel 1 “polo que a situación é menos grave que noutros concellos o segimento estrito das normas preventivas segue a ser unha das mellores ferramentas que temos na nosa man para combater a expansión da COVID”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará