Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro de Estudos Locais denuncia o dano causado no leguario de Cesantes por un recheo de cemento

leguario

A Asociación presentou xa a denuncia correspondente no rexistro do concello solicitando “unha inmediata reparación dos danos ocasionados co fin de devolver ao seu estado orixinal o “marco-panel” da Pantalla”.  A alcaldesa comprometeuse a “tratar de reparar de inmediato” esta actuación que segundo denuncian dende o Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy supón un atentado contra o patrimonio.

Manuel Nieto explica o acontecido con este elemento do patrimonio

Unha agresión máis contra o patrimonio da parroquia xa que, segundo explica o presidente da asociación, Manuel Nieto, “realizouse un recheo de formigón sen ter en conta que se soterraba tanto o “marco-panel” da Pantalla como os bolardos que están delimitando ese elemento”. Por ese motivo reclaman unha inmediata reparación dos danos ocasionados co fin de devolver ao seu estado orixinal este elemento.

Suxiren tamén que antes de proceder a calquera intervención urbanística se fagan os correspondentes estudos arqueolóxicos dos elementos patrimoniais que se puideran ver afectados porque, insisten “non é a primeira vez que acontece algo semellante, xa que se caeu nun erro semellante co Cruceiro-peto de Ánimas  de Ponte do Esteiro e noutros da contorna”.

Denuncian os ataques contra diferentes elementos patrimoniais
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará