Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A expatroa de Arcade nega “rotundamente” as irregularidades que lle imputa a nova directiva da Confraría

rita arcade

“As supostas actuacións criminais relacionadas coa miña xestión económica mentres fun Patroa Maior son absolutamente falsas e incertas” explica Rita Míguez, quen lembra que durante os anos que estivo ao fronte do pósito, entre 2015 e 2018 “os resultados económicos foron brillantes, obtendo neses exercicios un superávit descoñecido ata entón”. Anuncia que “o acto de difamación gratuíta e o ataque infame contra mi persoa por parte da actual directiva terá severas consecuencias legais no futuro, unha vez se arquive a eventual causa xudicial”.

Rita Míguez, expatroa da Confraría de Arcade e presidenta de Anmupesca, asegura descoñecer a existencia da querela criminal anunciada por parte da actual directiva e na que se lle acusa de administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida. Unha querela da que se tería enterado pola presa e que, segundo explica nun comunicado, carece de ningún tipo de base “tal e como demostra a documentación contable e financeira que se atopa na propia Confraría”. Asegura neste sentido que, durante os anos que foi patroa, os resultados económicos foron brillantes “obtendo en todos os exercicios un superávit descoñecido até entón na entidade, de tal modo que, cando deixei en outubro de 2018 o cargo, existían fondos por valor de case 200.000 euros en contas correntes, sendo aprobados e referendados todos os orzamentos e contas anuais pola Xunta Xeral e a Consellería do Mar”. Lembra que os memos dirixentes que agora terían presentado a querela “son os que aprobaron e aplaudiron as contans anuais correspondentes ao meu mandato”.

Entende que a “performance” que está realizando a actual directiva “ten como único obxectivo ocultar a nefasta xestión que están realizando na Confraría, que os ten levado a un constante enfrontamento cos socios da entidade, especialmente co colectivo de mariscadoras e armadores, así como a unha alarmante reducción de fondos que non responden a ninguna xustificación”.

Rita Míguez subliña finalmente o seu desexo de comparecer canto antes no xulgado para defenderse das acusacións que se verten contra a súa persoa “algo que farei con todas as armas legais ao meu alcalce e coa clara intención de que estes responsables satisfagan co seu propio patrimonio o coste dos danos morais que se me están ocasionando”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará