Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de música de Chapela arranca o curso con novidades e medidas sanitarias reforzadas

escola chapela

Aprender a tocar o ukelele ou gozar dos beneficios que a música achegas ás mulleres embarazadas e os seus futuros bebés, son dúas das novidades coas que arranca o novo curso nesta Escola de Música que reforzou as medidas sanitarias para cumprir o protocolo antiCovid. Máis de 200 alumnos poderán aprender música nun espazo seguro que está xa en marcha.

Toma de temperatura diaria, desinfección de mans con xel hidroalcholico e reducción no número de clases colectivas para respectar a distancia de 1,5 metros entre cada alumnos, así como desinfección e ventilación de aulas colectivas á saída de cada grupo, son algunhas das medidas que están xa a aplicar neste centro para garantir un espazo seguro a todo o alumnado.

Begoña Rial, directora da Escola, fálanos das medidas de seguridade que se aplican no centro

Nenos e nenas pero tamén maiores que se achegan a algunha das 22 especialidades que se imparten na Escola e que dan tamén a posibilidade de formar parte dos grupos musicais cos que conta o centro: Banda de Música, grupo de Pandeiretas, gaita e diferentes grupos de cámara, todos eles co obxectivo de dar aos novos músicos unha formación encamiñada á posibilidade de tocar en grupo.

Para os máis pequenos, de 0 a 5 anos a escola imparte clases de Música e movemento,  unha actividade que mediante xogos e mentres se divirten terán os seus primeiros contactos coa música, ademais de mellorar e favorece o desenvolvemento do seu sistema motriz e actividade cerebral, e a memoria, á vez  fomentar a súa creatividade e imaxinación.

Como novidades da Escola de Música de Chapela comeza o novo curso  incorporando unha nova especialidade de instrumento, o Ukelele,  un instrumento de corda pulsada utilizado nas illas Hawai, Tahití e a illa de Pascua.

Aprender a toda o ukelele é unha das novas ensinanzas que se imparten na Escola

 A outra novidade “Música non embarazo” está dirixida a futuras nais na cal estimularán a reacción dos seus bebés cos diferentes estilos de música. 

Müsica no embarazo é unha das propostas orientadas a futuras nais

Ensinando aos máis pequenxs o protocolo da #novanormalidade FORMAMOS NOVO GRUPO O VENRES 18:00😷

Publicada por Escola de Música de Chapela en Jueves, 10 de septiembre de 2020
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará