Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Á venda as últimas entradas para os espectáculos de rúa do Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

Xa están esgotadas todas as entradas para as funcións de sala, pero aínda é posible facerse con localidades para os espectáculos de rúa, ao prezo simbólico de 1 euro. Quedan poucas, xa se despachou un 80% do aforo dispoñible. A billeteira amplía o horario para poder mercar as últimas entradas tamén polas tardes, hoxe xoves e mañá venres, de 17.00 a 20.00 horas no Multiúsos da Xunqueira, ademais do horario de mañán de 10.00 a 14.00 horas.

Serán os dous últimos días para conseguir os billetes deste XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela “Memorial Juanjo Amoedo”, que se celebra do 1 ao 6 de setembro. Durante a semana do festival, para evitar aglomeracións, non se despacharán entradas. As localidades que xa están esgotadas na súa totalidade son as da programación de sala, que este ano traerán a Redondela os espectáculos “Contacreques”, de Eme2; “Error 404”, dos andaluces Ángeles de Trapo; “Ay pera, perita, pera!”, dos madrileños Cazando Gamusinos Teatro; “Pyka”, de Cinema Sticado; “Sombras de Cine”, da arxentina Valeria Guglietti e “A Galiña Azul”, de Tanxarina Títeres. Todos os espazos para o público, tanto na sala como na rúa, estarán preadxudicados e con todas as medidas de control de acceso: máscara obrigatoria, control de temperatura, uso de xel, distanciamento por núcleos familiares, aforos limitados, etc.Os títeres na rúaAdemais da programación teatral e musical, que se complementa con “intervencións de rúa” a cargo de The Turres Band, Os Monifates, Fadunito Street Arts e Troula, a Alameda acollerá o “Museo Carallás”, unha proposta artística urbana na que diferentes artistas plásticos da vila recollen nas súas pinturas o seu sentir e visión do mundo do títere, convertendo o xardín principal da vila nun museo de rúa, na que participarán Beatriz Blanco, Pilar Fernández, Chelo Rielo, Ruth Rodríguez, Kiko Amoedo, Ángel Barros, Suso Ben e Xacobe Fernández. Tamén a exposición de “Os monicreques de Kukas” está a converter Redondela nun escaparate para as súas mellores marionetas, cartaces e elementos escenográficos, cambiando a ubicación da sala de exposición do Multiúsos polos escaparates de 10 comercios do centro da vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará