Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os amantes do enoturismo xa poden reservar praza na ruta “Os viñedos do Castelo”

RR_Noticias

A iniciativa ofrece unha novidosa forma de achegarse ao Castelo de Soutomaior na que se combina historia cun percorrido polos viñedos, cata e espectáculo teatral. A actividade xa ten aberto o prazo de inscrición a través da web entradas.castelodesoutomaior.com. As rutas serán os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e 3 de setembro ás 19 horas, cun aforo máximo limitado a 15 persoas.

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña “Os viñedos do Castelo”, unha novidosa iniciativa para achegarse ao Castelo de Soutomaior que combina historia cun percorrido polos viñedos, cata do caldo “Pedro Madruga” e espectáculo teatral a cargo de Rosso&Bianc. A actividade ten unha duración de 90 minutos, e comeza cun paseo guiado pola senda dos viñedos de Soutomaior. O obxectivo desta iniciativa é “promover o produto local e actividades sostibles e respectuosas co medio ambiente”. Deste xeito, ao longo do traxecto explicaranse cuestións relativas ás orixes do viño, á D.O. Rías Baixas e as súas subzonas como Soutomaior, así como sobre os tipos de uvas e o proceso da vendima. Tralo percorrido pola senda dos viñedos, terá lugar unha cata do caldo “Pedro Madruga”, que sae das mesmas cepas do Castelo de Soutomaior da colleita de 2019. Ademais, esta última parte de degustación estará amenizada por Rosso&Bianco, dúo cómico formado por David Carrera e Alberto Antelo, coa súa peza teatral “Albariño Edition”, un monográfico sobre o viño albariño dende un punto de vista persoal, divertido e refrescante. A actividade, cun prezo de 8 euros por persoa, está dirixida aos amantes do enoturismo, con interese en aprender e coñecer en que consiste o proceso de vendima nunha contorna natural privilexiada, a carón do castelo medieval e o xardín de Excelencia Internacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará