Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O potencial cultural de Redondela faise patente nun rexistro de artistas locais “vivo e aberto”

RR_Noticias

O rexistro, posto en marcha en outono do pasado ano, experimentou un notable incremento de artistas nas semanas de confinamento por mor da crise da Covid-19. Na actualidade conta cun total de 68 artistas de diferentes disciplinas, e desde a Concellería de Cultura agardan que siga medrando, xa que se trata dun rexistro “permanente aberto e vivo”.

O concelleiro Daniel Boullosa sinala que durante o confinamento, cando a veciñanza pasaba máis tempo na casa e conectada á internet “incrementouse moito o rexistro”. Pero no Concello de Redondela son conscientes de que son “moitos máis” os artistas locais que traballan en diferentes disciplinas “e que non están aínda inscritos”. Ana Gesteira, a responsable deste arquivo, anima a toda a cidadanía a darse de alta, xa que deben ser os propios artistas os que voluntariamente se inscriban. O rexistro conta con sete disciplinas artísticas diferentes: danza, música, artes escénicas, fotografía, literatura, pintura e escultura, pero está aberto “a calquera outro tipo de expresión artística”, xa que non é algo estanco “senón aberto e vivo”. O obxectivo deste rexistro é coñecer toda toda a produción de artesáns e artistas, ademais de facilitar a comunicación e propiciar intercambios, actuacións, exposicións. Por este motivo, convidan a todos os que traballen neste eido a enviar un correo electrónico cos seus datos ao enderezo cultura@redondela.gal. Tamén animan a enviar enlaces de redes sociais, blogs ou páxinas webs que empreguen para promocionar o seu traballo. O rexistro empregarase co obxecto de “difundir, apoiar, coordinar e facer visibles a todas as persoas que fan que Redondela medre grazas a súa arte”. Deste xeito taméno propio Concello pode coñecer a todos os artistas e grupos que existen no municipio, mellorar a relación con eles e facilitar a súa contratación para actividades promovidas dende a propia Concellería de Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará