Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre a inscripción para un Campamento Urbano Infantil en setembro

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior acaba de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o seu Campamento Urbano, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro. A actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 3 até os 12 anos de idade e ten carácter gratuíto. Realizarase no Multiusos de Arcade, e o prazo para anotarse finaliza o 24 de agosto.

O obxectivo do campamento, explicou o alcalde Agustín Reguera é “facilitar a conciliación familiar e laboral antes do comezo do curso”, polo que o campamento conta cun horario ampliable que se poida axustar ás necesidades das nais e pais. O horario normal do campamento é de 09:00 a 14:00 horas, pero os mozos acollidos ao plan madruga poderán entrar ás 08:00 da mañá. Do mesmo xeito, habilitarase un servizo de “fiambreira” para os que precisen ampliar o horario até as 15:00 horas. O campamento conta con diversos protocolos de protección contra a Covid-19 para o seu desenvolvemento. Así, o edificio multiusos de Arcade dedicarase en exclusiva a acoller esta iniciativa, evitando interaccións con outras actividades. Ademais, os participantes dividiranse en grupos reducidos segundo idades que se manterán durante todo o campamento. Cada participante disporá dunha “bolsa de obradoiros” de uso personal na que disporá de todo o material necesario para as actividades de cada día. Ademais, non se realizarán actividades que impliquen compartir obxectos nin comida. Para evitar aglomeracións, tanto a entrada como a saída de cada día farase de forma graduada e utilizando todos os accesos dispoñibles. Para participar no campamento de conciliación, todas as familias deberán achegar unha declaración responsable na que garantan a saúde do menor durante os 14 días previos á entrada da actividade. A inscrición é totalmente gratuíta e contarán con preferencia aquelas familias con baixos ingresos ou en calquera outra situación de vulnerabilidade acreditable. A inscrición deberase realizar de forma telemática a través da páxina do concello de Soutomaior. Os interesados en recibir máis información poden facelo a través da web www.soutomaior.com ou no teléfono do CIM en horario de mañá, o 986 701 227.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará