Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela CF destitúe o seu presidente tras unha moción de censura

RR_Noticias

O proceso de elección da persoa que substituirá a Antonio Silva ao fronte da entidade está agora nas mans dunha xunta xestora formada por cinco socios. A destitución do que fora presidente do club durante os últimos 7 anos tivo lugar no transcurso dunha asemblea celebrada o luns no Multiúsos do Piñeiral. 79 socios votaron a favor da moción fronte aos 15 que deron o seu apoio a Silva.

O presidente do Chapela C.F., Antonio Silva, foi cesado do cargo tras perder por unha ampla maioría (79-15)unha moción de censura presentada polos socios da entidade deportiva debido á complicada situación económica na que se atopa o club. A votación celebrouse na noite do pasado luns, tal e como recolle o Faro de Vigo, durante unha tensa asemblea extraordinaria celebrada no Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela.
Os socios reprocharon a Silva a súa falta de transparencia á hora de dirixir o club logo de dous anos sen convocar asembleas nin presentar as contas. Ademais criticaron os “defectos de forma” na convocatoria da asemblea extraordinaria.
Tras o cesamento de Antonio Silva farase cargo do club unha xunta xestora formada por cinco socios -que foron elixidos a man alzada- para coordinar todo o proceso de elección do novo presidente.
O próximo 11 de agosto convocarase outra asemblea para a presentación das posibles candidaturas á presidencia do club e está previsto que as eleccións se celebren o día 17 de agosto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará