Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais e o CIM inauguran sede na rúa 8 de Marzo

RR_Noticias

Unhas instalacións que garanten a accesibilidade e intimidade de todos os usuarios. Unha vella reclamación que as traballadoras deste departamento e usuarios viñan demandando dende había anos. Máis de 350 metros cadrados, con dez salas, zona común e arquivo, será onde desenvolverán o seu labor as Oficinas de Servizos Sociais e Atención á Muller, que até o momento situábanse na rúa Isidoro Queimaliños, nun inmoble no que compartían espazo con outros departamentos e que carecía das condicións mínimas para poder ofrecer un servizo de calidade.

“Un reclamo, unha necesidade dende hai tempo”, recoñecía a alcaldesa Digna Rivas, era o cambio de localización das oficinas de Servizos Socias e do CIM, que se inauguraban este martes, 28 de xullo, na coñecida como “urbanización de Regojo”, no número tres da rúa Oito de Marzo. Un local que acollerá ás dez profesionais que traballan nestes dous departamentos que disporán dunha zona ampla, con espazos compartidos, conexión entre despachos e atención individualizada de todos os usuarios garantindo os mesmos dereitos para todos. Algo que non sempre se conseguía nas antigas instalacións onde ambos os dous departamentos compartín local, e as persoas con problemas de mobilidade tiñan que ser axudadas para poder acceder ás instalacións. Problema que desaparece no novo emprazamento, salvando os desniveis con ramplas
A coordinadora Alejandra Fernández Conde recoñecía que é un avance importante xa que se suprimen as barreiras arquitectónicas que tiña o anterior local con escaleiras nos dous accesos o que non se adaptaba ás necesidades do perfil de usuarios que atenden, entre eles persoas maiores e con mobilidade reducida. Tamén se eliminan os problemas de iluminación natural, de espazo para o arquivo de expedientes e de seguridade. Unha das peticións que contemplan as novas instalacións é a conexión entre despachos, o que lles permitirá tratar situacións complicadas así como o traballo en equipo.
As novas instalacións da rúa Oito de Marzo tamén permiten adaptar o servizo á nova normalidade da pandemia con espazos amplos, para gardar a distancia social, pantallas e dosificadores de xel desinfectante. Polo momento as traballadores e educadoras sociais, psicólogas e demais profesionais de Servizos Sociais e o CIM están traballando vía telefónica e con cita previa pero agardan que a reapertura ao público non se demore, dadas as garantías destas novas instalacións.
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará