Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela conta xa cunha “filmoteca galega”

RR_Noticias

A Biblioteca de Redondela conta cun espazo dedicado ao audiovisual feito na nosa lingua. A iniciativa parte de Normalización Lingüística e busca ofrecer aos veciños un fondo propio no que se inclúan curtas e longametraxes, documentais e cine infantil. Títulos como “O que arde” ou “Dhogs” así como outras películas xa clásicas do cine galego forman parte deste espazo.

Logo do éxito acadado polas últimas producións realizadas en lingua galega -O que arde, Longa Noite e Trinta lumes-, o Servizo de Normalización Lingüística xestionado pola alcaldesa Digna Rivas vén de impulsar unha iniciativa que, baixo o nome de Filmoteca Galega, busca crear un fondo propio que incluirá diferetnes formatos audiovisuais.
O obxectivo, sinala Digna Rivas, “é seguir aumentando este fondo do cinema galego feito en galego e que Redondela, que sempre foi un referente histórico na defensa da nosa lingua, sexa tamén un lugar de referencia para o noso cinema”.
Coa posta en marcha desta Filmoteca Galega, o Concello de Redondela tamén anunciou a adquisición de novas películas como O que arde ou Dhogs que se poderán recoller tanto na biblioteca Xela Arias de Chapela como na Valle-Inclán de Redondela.
A posta en marcha desta Filmoteca Galega estaba prevista para o mes de maio co gallo do Día das Letras Galegas algo que a situación de alerta sanitaria impediu e atrasou ata estas datas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará