Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto da Orquestra Clásica de Vigo no Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

Unha actuación enmarcada no programa da deputación “música no ar” que espallará a música de cámara por 14 espazos patrimoniais da provincia. O primeiro dos concertos terá lugar hoxe martes ás 19:30 horas no Castelo de Soutomaior con entrada de balde.

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa “Música no Ar”, unha nas novidades máis ambiciosas da programación cultural deste verán. Será este martes, 28 de xuño, ás 19.30 horas, no Castelo de Soutomaior, co concerto da Orquestra Clásica de Vigo. A iniciativa, enmarcada en “Re-acción cultural”, o plan de 2,5 millóns de euros co que a Deputación está a espallar a cultura por toda a provincia, divulgará a música de cámara, de xeito gratuíto, por 14 espazos patrimoniais que abranguen dende castelos, como o de Soutomaior, ata mosteiros, pazos, fortalezas, espazos naturais e conxuntos patrimoniais dos concellos de Bueu, A Guarda, Lalín, O Grove, Covelo, Mondariz, Poio, Caldas, Forcarei, Baiona, Salvaterra e Agolada.
Amais de levar a música de cámara á provincia, “Música no Ar” ten por obxectivos poñer en valor a todas as persoas se dedican á renovación do xénero. Deste xeito, actuarán no marco desta iniciativa grupos como a Orquestra Clásica de Vigo, Son Trío, Orquestra Filarmónica de Pontevedra, Orquestra 430, Alejo Amoedo e Iria Cuevas, Brais González e Beatriz Arenas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará