Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protección civil: entre serpes e velutinas

RR_Noticias

Voluntarios de protección civil de Soutomaior tiveron que intervir esta fin de semana en dúas actuacións con protagonismo para a fauna salvaxe. Por unha banda procederon ao rescate e liberación dun exemplar de serpe bastarda que quedara atrapada nunha rede dunha horta familiar. Tamén procederon a retirada dun niño de avespa Velutina que se atopaba nas bancadas do campo de fútbol Graciano Padin da localidade.

A intervención do sábado producíase logo de que uns veciños alertaran da presenza dunha serpe atrapada nun rede que colocaran na súa horta para protexer os cultivos das aves. Unha vez no lugar comprobaron que se trataba dun exemplar de serpe bastarda. Tras proceder a súa supervisión veterinaria e comprobar o seu correcto estado de saúde, procedeuse a súa liberación nun lugar afastado de áreas poboadas e acorde o seu entorno.
Lembran dende protección civil da importancia de protexer estes animais moi beneficiosos para o noso medio ambiente por seren uns excelentes reguladores dos ecosistemas, alimentándose e controlando poboacións excesivas por exemplo de pequenos roedores como os ratos. Por ese motivo instan a non matar estas serpe e avisar a protección civil no caso de atoparse con algunha para proceder a súa retirada e correcta xestión chamando ao 626477355 ou ao 112.
Non foi esta a única actuación da fin de semana, xa que o seu servizo foi preciso para retirar un niño de avespa Velutina das gradas do campo de fútbol Graciano Padin de Soutomaior, un niño de tamaño mediano que se atopaba nunha zona perigosa para as persoas que puideran acceder como público a ese campo de xogo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará