Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A poetisa Xohana Torres xa ten o seu parque en Redondela

RR_Noticias

O parque infantil da Alameda Castelao leva dende onte o nome da poetisa finada no 2017. A proposta parte do servizo de Normalización Lingüística e busca dar a coñecer a figura desta muller que foi unha das primeiras que escribiron en galego durante a ditadura franquista. Nenos e nenas poderán coñecer o seu papel a través dun panel con información sobre a súa vida e obra. Unha iniciativa para dar a coñecer a persoeiros da cultura galega e que arrancaba meses atrás cando se nomeaba o parque infantil do Salgueiral como parque Eduardo Blanco Amor.

Xohana Torres conta así co seu espazo en Redondela ao decidir a concellería de Normalización Lingüística, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, dar o seu nome ao parque infantil da Alameda Castelao.
É un xeito, explica a alcaldesa “de que nenos e nenas, no seu lugar de xogos, poidan coñecer a figura desta muller que foi unha das primeiras que escribiron en galego durante a ditadura franquista”.
O parque conta cun panel explicativo, con información tanto para persoas adultas como para nenos e nenas, no que se da conta do papel pioneiro de Xohana Torres na literatura galega. O acto de nomeamento do parque infantil co seu novo nome, tiña lugar este domingo 26 de xullo e contou co acompañamento musical de Antía Muíño, promesa da música galega e que ven de triunfar nas Festas do Apóstolo de Santiago.
Unha iniciativa que busca dedicar os parques a persoeiros da cultura galega e que arrancaba meses atrás cando se nomeaba o parque infantil do Salgueiral como parque Eduardo Blanco Amor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará