Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música en Chapela para celebrar o Día do Carmen

RR_Noticias

A parroquia de Chapela cancelou este ano a celebración das Festas do Carme ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19. Para que a data non pase desapercibida a Asociación Cultural e Social de Chapela organiza este domingo diferentes citas musicais que arrancarán as 11:00 horas cun pasarrúas pola Avenida de Vigo e un concerto a cargo do Grupo de Gaitas de San Esteban de Negros nas inmediacións do centro de saúde.

A data elixida para a celebración das Festas do Carme, que este ano ía organizar o Círculo Cultural de Chapela, era o próximo domingo 26. Ante a anulación obrigada pola crise do coronavirus, a banda e a Escola de Música de Chapela decidiron organiza unha celebración alternativa, con música a partir das 11:00 horas cando se realice un pasarrúas pola Avenida de Vigo e un concerto a cargo do Grupo de Gaitas de San Esteban.
Animan ademais aos veciños da parroquia a dar cor a este día, decorando os seus balcóns con bandeiras e flores ou calquera decoración que lembre que Chapela está de festa aínda que sexa dun xeito diferente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará