Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sinsal Litoral presenta o proxecto musical do redondelán Pedro Cuntín

RR_Noticias

O festival arrancaba este mércores en Soutomaior como unha reconversión do evento musical que cada ano acolle a Illa de San Simón, e que nesta edición conta con representación local, Laura LaMontagne & PicoAmperio. Unha proposta musical que ten no redondelán Pedro Cuntín a un dos seus dous compoñentes. Este venres, presentan no Meirande o seu proxecto que fusiona a tradición da música das cantigas de amigo galaico-portuguesas coa poesía e a electrónica.

Os versos de Lorca, Pessoa, Rosalía de Castro ou os propios da poeta e cantautora galega Laura LaMontagne, son os protagonistas deste proxecto musical que comezaba o pasado ano e que xa foi nominado aos premios Martín Códax da Música. Un dúo no que atopamos ao produtor e DJ PicoAmperio, ou o que é o mesmo o redondelán Pedro Cuntín. Un espectáculo que se presenta en formato DJ e voz e que mistura samplers, bases, scratch e loops en directo. A primeira oportunidade para velos en Redondela será este mesmo venres, no museo Meirande, ás 20.30 horas, dentro da programación do festival Sinsal Litoral, que este ano reconvértese por mor da pandemia e ofrece até o domingo música en formato reducido ademais de andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía, cinema e unha xornada dedicada á economía circular en distintas localizacións da Rías Baixas, entre elas Soutomaior, Cesantes, Rande ou a Illa de San Simón.
Laura LaMontagne & PicoAmperio ofrecerán un concerto íntimo, con tan só vinte persoas, o que permitirá coñecer de preto esta proposta que aposta pola innovación e a tradición. Esta será a primeira parada dunha xira que os levará este verán até Santiago (26 de xullo), Oviedo (28 de xullo), Pontevedra (29 de xullo) e a Ribeira Sacra (31-2 de agosto)
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará