Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca xogadoras para crear dous equipos femininos

RR_Noticias

Esta tempada o Club Deportivo Choco da un paso máis cara adiante coa creación dun equipo feminino co obxecto de seguir crecendo como entidade deportiva e para cubrir todas as demandas que chegaban ás oficinas do club. O obxectivo sería crear dous equipos, un de fútbol 8 para nenas nadas entre o 2009-2014 e outro de fútbol 11 para as nadas en 2007-2008. As persoas interesadas poden chamar ao número 670 965 826 (en horario de 16.00-20.30 h) ou por medio do correo electrónico C.D.CHOCO@hotmail.com.

Lembran dende o club que os xogadores dos equipo base son a pedra angular do Choco cos que se traballa intensamente ano tras ano. Un traballo que está a dar os seus froitos como amosa o feito de que este ano o equipo Xuvenil fixera historia co ascenso a División de Honor, categoría na que competirá esta próxima tempada. Tamén se conseguiron os ascensos do Infantil B e o Cadete B a Primeira Autonómica mentres que o Cadete A e o Xuvenil B quedaron sen disputar a fase de ascenso pola situación pandémica do noso país. Outro dos grandes éxitos do ano foi o dos nenos do Benxamín A, campión invicto malia que non ascenderán á máxima categoría ao anularse a competición pola crise sanitaria.
Uns éxitos que salientan malia insistir en que o máis importante apra o club é “a transferencia de coñecementos e dos valores deportivos que sempre axudan ao crecemento do rapaz a nivel deportivo e persoal”.
Esta tempada o Club Deportivo Choco da un pasiño máis cara adiante coa creación dun equipo feminino por ese afán de seguir crecendo como entidade deportiva e para cubrir as demandas que chegan ao club. Nun principio configuraríanse dous equipos: un de fúbol 8 para nenas nadas entre o 2009-2014; e un de fútbol 11 para as nadas en 2007-2008.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará