Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nair Vázquez: “O medo que teño é que nos volvan confinar por sermos uns irresponsables”

RR_Noticias

Estar na casa non foi un gran problema para esta usuaria da Cruz Vermella porque segundo confesa “eu son moi caseira e sempre hai cousas que facer”. Con todo, agradece poder volver saír a dar os seus paseos ao aire libre e amosa a súa preocupacións porque a falta de responsabilidade dunha parte da poboación, que se está a saltar as medidas de prevención, dea lugar a novos rebrotes.

Como tantos maiores, o seu confinamento foi total durante o Estado de Alarma “os meus fillos non me deixaban nin ir sacar o lixo” afirma Nair Vázquez. Con todo, non foi un período especialmente complicado  para ela porque gusta de estar na casa “o que máis botaba de menos era saír a pasear, estaba acostumada a andar varios kilómetros diarios”. A alternativa era dar voltas pola casa aínda que iso lle valera a mofa dos seus “xa me dicían: vas desgastar o parqué”.
Agora que xa estamos na nova normalidade fai un chamamento a responsabilidade “enfádome porque a xente non ten sentido ningún. Vexo a moitos sen máscaras, tanto mozos como maiores e teño medo que por culpa da nosa irresponsabilidades nos volva confinar”. Por ese motivo fai un chamamento “hai que respectar as medidas de seguridade e prevención, porque se hai rebrotes a culpa será nosa”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará