Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Alberto Pazos logra o escano por Pontevedra grazas ao voto da emigración

RR_Noticias

Os populares conseguen finalmente un acta máis por Pontevedra en detrimento do PSOE, logrando así once representantes por esta provincia e ampliando a súa maioría absoluta. Un reconto que permite entrar no parlamento ao redondelán Alberto Pazos, quen estaba pendente dese voto emigrante ao quedar bailando un escano entre PP e PSOE.

O reconto do voto emigrante da así un escaño máis ao Partido Popular que logra un resultado histórico cun total de 42 deputados en Galicia, consolidando aínda máis o resultado que saíra das urnas o pasado domingo e que lles daba aos populares 41 representantes. Un reconto final que lle arrebata un representante ao PSOE e que acaba facendo deputado ao redondelán Alberto Pazos, quen partía no posto número 11 da lista do PP por Pontevedra.
Finalmente os resultados das eleccións deixan ao PP con eses 42 representantes, o BNG mantén os seus 19 depuados mentres o PSOE queda con 14 deputados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará