Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres detidos nun altercado en Cesantes cando a policía acudiu a precintar unha terraza

RR_Noticias

Tres persoas foron detidas na madrugada de hoxe nun local de hostalaría de Cesantes logo de negarse a seren identificados e protagonizar un altercado. Os feitos producíanse ao redor das dúas da madrugada cando os axentes da Policía Local e Nacional se presentaron no lugar para levantar a terraza, que se atopaba aberta malia estar xa fora de horario. O propietario do local enfróntase a unha denuncia por incumprimento no horario de peche.

Axentes da Policía Nacional e da Policía Local acudían na madrugada de hoxe a un local de Cesantes logo de recibir unha chamada na que denunciaban que malia ser preto das dúas a terraza seguía aberta. Unha vez no lugar comprobaron que había unhas 25 persoas. Cando se instou a clientela a se identificar, tres persoas negáronse e provocaron un altercado sendo detidos por resistencia e desobediencia á autoridade. A visita policial acabou tamén cunha proposta de sanción para o propietario da terraza por incumprimento do horario, xa que estes espazos non poden permanecer abertos máis aló das 00:30 horas. Tamén se presentaron varias denuncias por consumo de sustancias estupefacientes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp