Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior xestionará as solicitudes do novo bono aluguer para afectados pola COVID-19

RR_Noticias

Os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior póñense a disposición dos veciños do municipio para xestionar as solicitudes do novo bono de aluguer para afectados da Covid-19. A axuda financia unha porcentaxe do custo da vivenda ás persoas que se atopen en ERTE, diminución de xornada laboral ou no paro a causa da alarma sanitaria, se esta situación lle supón “vulnerabilidade económica”.

O bono, aprobada pola Xunta de Galicia, financiará unha parte do aluguer da vivenda durante seis meses, e aplícase con carácter retroactivo desde o pasado mes de abril. A solicitude desta axuda deberá realizarse, preferentemente, de maneira telemática. Para facilitar o acceso dos veciños, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior xestionarán as solicitudes de forma presencial a través do rexistro municipal. Explica o alcalde, Agustín Reguera, que a gran maioría dos veciños “non dispoñen de certificados dixitais nin están habituados a realizar estes trámites a través de internet”, polo que este trámite desde Servizos Sociais pode ser “fundamental para moitas familias”, e desde o Concello pretenden facilitarlles o acceso “o máximo posible”. O prazo para solicitar esta axuda finaliza o próximo 30 de setembro. Para facelo de forma presencial os interesados deberán solicitar unha cita previa cos Servizos Sociais municipais, que serán os encargados de proporcionarlles todos os documentos e orientalos para cumprimentar as solicitudes antes da súa presentación no rexistro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará