Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O centro médico Policlínico Redondela realiza test Covid a particulares

RR_Noticias

As persoas que sospeitan que puideran ter pasado o coronavirus, ben por ter estado en contacto con pacientes contaxiados ou por ter presentado algún tipo de síntoma, teñen a posibilidade de realizarse neste centro privado os test serolóxicos que determinan se pasamos a enfermidade e temos anticorpos. O prezo desta proba custa 60 euros e teríamos o resultado nun prazo de 48/72 horas.

Diego Lorenzo explica que este centro médico ofrece diferentes probas vencelladas co coronavirus, pero que recomendan por fiabilidade e por tratarse dunha proba sinxela e rápida os test serolóxicos para confirmar se pasamos a enfermidade e temos anticorpos “só en casos asintomáticos e tras unha revisión médica inicial onde se considere necesaria a proba”.
As probas serolóxicas completas “consisten nunha análise de sangue que nos enviamos ao laboratorio e que nos daría un resultado en 48 ou 72 horas”. Poderíamos saber así se pasamos xa a enfermidade ao determinar a existencia de anticorpos. O prezo da proba ascende a 60 euros para un particular, existindo tarifas especiais para os socios da Asociación de Empresarios de Redondela.
Os casos detectados serían notificados ao sistema sanitario, aínda que polo de agora non tiveron que reportar ningún “levamos máis dunha semana facendo probas e todas deron negativo”.
A decisión de ofertar este servizo naceu a raíz da preocupación veciñal que demandaba a realización de test para coñecer se pasaran a enfermidade sen sabelo “sobre todo xente que traballa en residencias, que estiveron en contacto con diagnosticados ou que presentaron síntomas en marzo ou abril” e que queren saír de dúbidas.
Insiste Lorenzo en que o servizo se ofrece a persoas asintomáticas “no caso de presentar síntomas o que hai que facer é dirixirse ao Sergas, onde os pacientes serán atendidos e se lle farán as probas oportunas para determinar se están contaxiados”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará