Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno amplía o pago fraccionado de taxas e impostos para chegar a máis veciños

RR_Noticias

Un fraccionamento que xa era posible para un sector da poboación sempre e cando se cumpriran unha serie de requisitos que agora se relaxan. A ordenanza afecta a todos os impostos e taxas municipais e non supón en ningún caso unha exección ou bonificación do pago senón a posibilidade de afrontalo dun xeito máis cómodo para os contribuíntes. A medida busca favorecer que os veciños poidan facer fronte aos pagos municipais.

Unha modificación dunha ordenanza xa existente que busca facilitar o acceso dos veciños a este pago fraccionado ao relaxárense os requisitos para poder solicitalo. Explicaba a concelleira de economía María Castro que “unha vez publicada no BOP entrará en vigor e os que queiran acollerse a este pago fraccionado non terán que presentar ningunha xustificación sempre e cando o importe sexa maior a 100 euros”. A medida contaba co apoio dos concelleiros do equipo de goberno e tamén do BNG quen, con todo, insistía na idea de que “o pago fraccionado non é solución para moitas familias que se van ver afectadas pola crise económica consecuencia do coronavirus”. Tamén poñía o acento no feito de que este fraccionamento poida beneficiar a contribuíntes que non o precisan porque non se vexan afectados negativamente pola situación actual.
Pola súa banda o PP optaba pola abstención “porque a medida non cumpre as espectativas” explicaba a voceira popular, Carmen Amoedo, quen criticaba tamén a falta de calado da proposta que “inclúe moi poucas modificacións e que segue a incluír limitacións porque non podería pedir ese aprazamento un veciño que teña que facer fronte a unha taxa inferior ao cen euros, por exemplo no caso do imposto de rodaxe”. Tampouco comparten no PP moitos dos criterios que se establecen á hora de conceder este fraccionamento “porque deixan a moita xente fora”.
Dende o goberno local defenderon as medidas adoptadas dende a administración local ao tempo que criticaron a falta de acción da Xunta de Galicia.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará