Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O acceso ao peirao de Arcade será peonil as fin de semana para favorecer os paseos seguros

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior anuncia que a rúa Peirao de Arcade será peonil a partir desta fin de semana. A medida quere favorecer que os veciños conten con máis espazo nunha zona que é das máis empregadas para o paseo. O obxectivo é que poidan pasear seguros respectando a distancia de seguridade. A restrición de acceso aos vehículos entrará en vigor dende as 00:00 do sábado ata as 00:00 do luns e estará vixente durante toda a alarma sanitaria.

A prohibición de acceso a vehículos afectará o tramo da rúa Peirao comprendido entre a entrada do peirao e a glorieta da Marisqueira. Só estará permitido o acceso aos veciños residentes neste tramo, polo que o resto de veciños e usuarios do porto que desexen estacionar os seus vehículos no aparcamento do porto deberán facelo accedendo a través da chaira da depuradora.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que esta medida trata de facilitar aos veciños o cumprimento das recomendacións de distanciamento nun momento no que todos estamos a desexar gozar do bo tempo, pero no que tamén é moi importante seguir tendo precaución.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará