Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ganas de praia: os redondeláns regresan aos areais respectando a distancia de seguridade

RR_Noticias

Con máis de 30 graos estreaba o noso concello a fase 2 da desescalada e o levantamento da prohibición de bañarse nas praias. Axentes da Policía Local desprazábanse tanto a Praia de Arealonga en Chapela como a Cesantes para comprobar que os bañistas respectaban as medidas de seguridade impostas por Sanidade. O comportamento polo de agora está a ser exemplar e, malia que a afluencia foi masiva, si se mantiña a separación entre os grupos de bañistas.

Tranquilidade nas praias do noso concello malia que a afluencia foi alta na xornada de onte e hoxe. Tal e como se esperaba, o permiso para darse o primeiro chapuzón na praia e unhas temperaturas que rozan ou superan os 30 graos, animaron a boa parte da veciñanza a achegarse aos areais do municipio. Con incerteza ante a falta de medidas impostas dende o Concello que optou por apelar a responsabilidade dos veciños e veciñas, o certo é que o comportamentos foi máis que correcto. Así o confirman os propios bañistas que aseguran que en todo momento a xente mantivo a distancia. Unha afirmación que corroboran tamén dende a Policía Local que estes días se achegará aos areais para comprobar que se respectan as normas. 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará