Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruz Bastos (Viajes Talion): “A xente xa comeza a pedir destinos cos ollos postos en xullo e agosto”

RR_Noticias

Moitas axencias de viaxes decidiron non abrir as súas portas ante a falta de destinos que vender e a ausencia de clientes. Non é o caso da axencia de Viaxes Talión de Redondela que dende o pasado 11 de maio ofrece novamente os seus servizos. Saben que a situación non é doada, de feito tan só se reincorporou unha das tres persoas que traballar na oficina. Con todo insisten en ser optimistas “en xullo e agosto poderase viaxar, e aínda que sexan viaxes máis domésticas ou de menos días a xente está con ganas de saír da casa”. Mentres non chegan as contratacións centran o seu traballo nas cancelacións e devolucións das viaxes que non se puideron realizar.

Cruz Bastos insiste en ser optimista malia que a día de hoxe as ventas están totalmente paradas porque non hai vos e os hoteis están pechados. Con todo decidía abrir as portas do seu negocio xa o pasado día 11 “para axudar a todos os que teñen problemas con viaxes contratadas antes do confinamento”. Realizan trámites para facilitar que os maiores recuperen os cartos das viaxes do Imserso, tamén as devolucións de lúas de mel ou viaxes que xa non se van facer. Neste caso os clientes están a recibir bonos para gastar no prazo dun ano “un xeito de evitar que esas empresas maioristas vaian a quebra, xa que non están en situación de devolver todos os cartos dunha vez”.
Malia tratarse dun dos sectores máis prexudicados pola crise do coronavirus, Bastos confía en que a xente non quede na casa e, aínda que sexan escapadas a lugares máis próximos ou de menos días, se poidan facer ventas de cara a xullo e agosto. Propón viaxar por Galicia “ir a algún balneario ou un spa, escapadas que nos van servir para relaxarnos e volver a unha relativa normalidade” ou aproveitar para coñecer Galicia ou o resto da Península. Tamén se manteñen destino clásicos para os galegos como é o Algarve “Portugal xa está traballando para que esa zona da costa estea perfectamente preparada para recibir aos turistas”. Outras opcións pasan polo turismo rural.
A parte menos negativa de toda está crise está no feito de que “as axencias de viaxes volvemos ser un seguro para os viaxeiros, que ven como estamos xestionando as devolucións e negociando para que os clientes reciban todos os cartos que investiron en viaxes canceladas”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará