Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suspendida a liga na Honra Prata feminina de balonmán, na SAR preparan a próxima temporada

RR_Noticias

A Federación Española de Balonmán decidiu a suspensión definitiva da competición e das fases de ascenso en División de Honra Prata feminina. Na SAR lamentan a situación, nun momento no que o equipo estaba a xogar “cunha boa dinámica” e pensan en retomar os adestramentos en xullo, de cara á próxima temporada.

A decisión implica tamén o ascenso de Oviedo e Puerto del Carmen, 1º e 2º clasificado respectivamente. A falta de tres xornadas para rematar a liga, a situación da SAR Rodavigo era cómoda, no 8º posto da táboa, coa salvación garantida pero sen opcións de optar á fase de ascenso. Con todo, o técnico Elisardo Covelo “Chini” lamenta o remate abrupto da competición nun momento no que o equipo estaba a facer un bo xogo e remontando a complicada situación vivida a comezos de temporada. Con todo, entende a decisión da Federación de dar por rematada a liga “para evitar riscos innecesarios”. No club amósanse satisfeitos co traballo das xogadores, xa que malia ás importantes baixas que sufriron esta temporada souberon recompoñerse e garantir a permanencia do equipo nunha liga moi esixente, onde se situaron entre os oito mellores equipos. Despois de suspenderse a competición e os adestramos por mor da pandemia do coronavirus, o equipo está a facer sesións de traballo por videoconferencia. Agora o técnico dá por rematada a temporada e confía en retomar os adestramentos no pavillón no mes de xullo, para preparar a próxima temporada. Está previsto que a temporada 2020-21 comece a mediados de setembro, pero están pendentes de que a Federación o confirme ante posibles cambios derivados da evolución da crise sanitaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará