Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alfombras desinfectantes contra a Covid-19 “made in Chapela”

RR_Noticias

En tempos de crise é momento de agudizar o inxeño. E iso é o que vén de facer a empresa Viguesa de Alfombras ao crear un innovador felpudo hixienizante para limitar a transmisión do coronavirus. Mediante un sistema innovador de limpeza, nunha única alfombra desinfecta e seca as solas dos zapatos. Está a ter un gran éxito, e desde o xoves recibiron xa máis de 400 pedidos de toda España e Portugal.

Alfonso Gallego, director xeral desta empresa radicada en Chapela, explica que foi a súa propia experiencia persoal a que o levou a idear este novo felpudo. Nunha visita á perruquería, cando lle pulverizaron desinfectante na sola dos zapatos, decatouse da necesidade de idear “un novo sistema de alfombra para limpar e secar os pés de xeito eficaz”. O novo modelo incorpora nunha única peza unha bandexa de aceiro inoxidable cun felpudo fabricado en polipropileno que permite conter líquido desinfectante e, noutra zona, permite o secado do calzado. O produto está a ter moito éxito, xa que evita a propagación da COVID-19 en lugares nos que existe un tránsito elevado de persoas, tales como edificios públicos ou privados, oficinas, comercios, etc. Desde o pasado xoves, cando se deu a coñecer este novo modelo de felpudo, xa recibiron máis de 400 pedidos de clientes de toda España e Portugal. Para Gallego é “un orgullo” poder facer desde a súa firma esta achega “para pór freo á transmisión do coronavirus”. O novo producto supón tamén a reactivación da fábrica despois de case dous meses de peche. O empresario recoñece que viviu esta crise sanitaria e económica “con preocuación e incerteza”, e este novo felpudo ofrécelles a posibilidade de retomar o traballo “a pleno rendemento” e mesmo a posibilidade de seguir medrando de cara ao futuro.
Viguesa de Alfombras, situada na Avda. de Redondela, está especializada na comercialización de alfombras, moquetas e felpudos desde o ano 1989. Conta con 12 empregados e unha facturación media de case 2 millóns de euros anuais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará