Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Redondela demanda que o Concello apoie as librarías polo “Día das Letras Galegas”

RR_Noticias

A celebración o próximo 17 de maio do Día das Letras, adicado este ano á figura de Ricardo Carvalho Calero, tamén sofre a crise do COVID-19. Dende o BNG redondelán apostan por aproveitar esta data “para axudar a reactivar as vendas”. Demandan ao Concello que negocie coas librarías do municipio “a adquisición de literatura en galego, para distribuír entre o alumnado dos centros públicos”.

O sector editorial e as librarías, que nestes días aumentaban as súas vendas, están a atravesar unha difícil situación. Segundo a concelleira nacionalista, Jessica García “agora é o momento de incentivar a inversión de fondos públicos nas actividades locais”. Sinala que “ante o abandono do sector do libro pola Xunta de Galiza, e a renuncia a fomentar a figura de Carvalho, a responsabilidade volve recaer nos Concellos”. Por iso expón como unha medida recollida entre as propostas do BNG na Mesa de Reactivación Económica Municipal, “que o Concello negocie coas librerías do municipio a adquisición de literatura en galego, para distribuír entre o alumnado dos centros públicos”. Apunta García que, ademais de colaborar co pequeno comercio local, tamén se fai unha aposta “pola cultura en galego”. A figura de Carvalho Calero enmárcase na corrente dos literatos que consideran que galego e portugués, constitúen a mesma lingua. A edil nacionalista lembra que Redondela goza dunha situación “de privilexio” ao ser atravesada polo Camiño Portugués, por onde circulan anualmente milleiros de cidadáns do país veciño. Por iso insta a converter esta celebración “nunha oportunidade para estreitar lazos culturais, sociais e económicos”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará