Hoxe é Xoves 29 de Outubro de 2020

O PP critica que o goberno manteña as franxas horarias nas parroquias

RR_Noticias

Unha decisión que cualifican “inxustificada, discriminatoria e unha falta de respecto sen precedentes” polo que esixen ao goberno local unha rectificación inmediata e que pidan desculpas públicas aos veciños por non ter eliminado as franxas horarias para o paseo e a práctica do deporte malia a autorización da Delegación do Goberno. Digna Rivas xustificara esta decisión por considerar unha irresponsabilidade adoptar esta medida sen dispoñer dos datos reais solicitados sobre a evolución da COVID-19.

O Partido Popular condena rotundamente a decisión tomada polo Bipartito municipal de no aplicar nas parroquias a eliminación de franxas horarias para o paseo e a practica do deporte que afectarían a aqueles núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes.
Unha decisión que a voceira do PP, Carmen Amoedo, cualifica de “inxustificada porque o concello non ten competencia para desobedecer unha normativa estatal e moito menos durante un Estado de Alarma”.
Amoedo afirma que os motivos aducidos polo concello carecen de todo fundamento. “O Concello di carecer de información sobre a evolución do Covid-19, pero pretende ignorar que acabamos de pasar á Fase-1 da desescalada logo de que o Ministerio de Sanidade avaliara os datos sanitarios facilitados pola Xunta. Ademais a propia Federación Española de Municipios e Provincias , presidida por Abel Caballero, aclara na súa páxina oficial que os concellos non deben dispoñer dese tipo de información xa que a súa actuación debe limitarse a seguir as recomendacións sanitarias xenéricas”.
A Concelleira popular considera aínda mais grave “que se pretenda responsabilizar aos veciños desta decisión. Levamos semanas pedindo a Alcaldesa que se faga unha labor de control para evitar aglomeracións e comportamentos pouco cívicos. Non se fixo nada disto, e agora fáltase ao respecto dos veciños culpándoos da falta de previsión do goberno municipal. A inmensa maioría dos redondeláns mantivo un comportamento exemplar, moi por encima do que ven demostrando o propio goberno de Redondela.”
Por todo isto esixen “unha rectificación inmediata, ademais dunha desculpa pública a todos os veciños, que non merecen este inxustificado agravio comparativo.”
A alcaldesa pola súa banda xa adiantou que non será ata o mércores, na Comisión de Seguimento da COVID-19 cando se analizar os primeiros días da fase un e o cumprimento das medias de distanciamento e seguridade entre os veciños, en base ao cal se decidirá o mantemento ou supresión das franxas horarias nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes. Para iso avaliarán un informe da Policía Local sobre o cumprimento das normas nos primeiros días desta fase de transición.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *