Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta a licitación do proxecto de construción da nova depuradora de Arcade

RR_Noticias

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de xuño e disporán de 12 meses para a redacción. Comeza así o proceso de substitución da actual depuradora de tipo físico químico por unha biolóxica de maior capacidade e rendemento na xestión de augas residuais. Unha infraestrutura que “contribuirá ao avance no saneamento da ría de Vigo, beneficiando á pesca, ao marisqueo ou ao turismo, actividades estratéxicas nesta contorna”.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de augas residuais de Arcade, que contará cun investimento de 210.000 euros e doce meses para a súa redacción. As empresas poderán presentar os seus proxectos até o un de xuño.
Así, arranca un proceso que suporá a substitución da actual planta de xestión de residuos, datada en 2005 de tipo físico químico, por unha nova infraestrutura de tipo biolóxico, que disporá de maior capacidade e incrementará os rendementos na depuración.
Un proxecto que segundo a Xunta, busca “mellorar o servizo prestado aos veciños e contribuír no avance do saneamento da ría de Vigo, beneficiando á pesca, ao marisqueo, á acuicultura ou ao turismo, actividades estratéxicas nesta contorna”.
A nova estación depuradora será cofinanciada a través de fondos Feder e contará cun orzamento aproximado de 2 millóns de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará