Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela facilitará a ampliación das terrazas e estuda a peonalización da zona centro

RR_Noticias

Os servizos técnicos do Concello estudan as posibilidades de ampliación das terrazas de hostalaría cumprindo a distancia entre mesas que establecen as normas. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que o goberno local traballa tamén na posibilidade de peonalizar parte do centro urbán de Redondela e Chapela durante as fins de semana “de xeito que a veciñanza poida pasear mantendo a distancia de seguridade e evitando aglomeracións nos días de maior afluencia de persoas nas rúas”.

Persoal técnico do Concello de Redondela comezou cos traballos de revisión dos expedientes das terrazas dos establecementos hostaleiros de cara a estudar a ampliación do espazo que tiñan asignado e permitir, dese xeito, que poidan manter o espazo de seguridade de dous metros entre as mesas “sen que iso supoña unha redución da capacidade e coa clara finalidade de beneficiar a recuperación do sector da hostalaría”, explicou a alcaldesa Digna Rivas. Unha vez realizado o estudo dos expedientes, os servizos técnicos serán os que resolvan cada caso de xeito individualizado, para o que se terán en conta criterios urbanísticos e ambientais, ademais das características propias de cada establecemento. A esta medida, explica a alcaldesa Digna Rivas, “engadirase a exención da taxa de ocupación das terrazas”. A rexedora sinala que “o sector da hostalaría, xunto ao comercio de proximidade, é un dos máis duramente golpeados por esta emerxencia sanitaria logo de case dous meses de paralización da súa actividade”.Peonalización en zonas de Redondela e Chapela

Rivas adiantou que o equipo de goberno traballa na posibilidade de peonalizar parte do centro urbán de Redondela durante as fins de semana, “de xeito que a veciñanza poida pasear mantendo a distancia de seguridade e evitando aglomeracións neses días de maior afluencia de persoas nas rúas”. Nun primeiro momento, estúdase a peonalización da rúa Alfonso XII dende a Praza da Farola ata a Casa do Concello, mentres que en Chapela peonalizaríase toda o paseo de Arealonga.
esponsabilidade da veciñanza
Rivas fixo tamén un chamamento “á responsabilidade da veciñanza” a hora de afrontar esta entrada na fase 1 de desescalada a partir do luns 11 de maio, “un punto ao que se chegou logo de moitos esforzos e moitos sacrificios por parte da cidadanía, e non nos podemos permitir o luxo de que, pola actitude inconsciente dunha minoría, teñamos que volver atrás”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará