Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior denuncia que o Concello continúa co cobro de taxas municipais malia a crise

RR_Noticias

Representantes da hostalaría e o comercio local puxéronse en contacto co voceiro municipal do BNG, Manu Lourenzo, para denunciar que malia estar pechados os seus negocios pola crise sanitaria do coronavirus, o Concello continúa a cobrarlles taxas e impostos como o da auga.

O goberno local anunciara o pasado 23 de marzo que aprazaba as taxas municipais, pero seguiu cobrando recibos como o da auga mesmo a negocios que estaban pechados. Lourenzo sinala que a veciñanza “non entende esta isto, como tampouco entende que os representantes da metade do concello non foran convocados nin unha soa vez á comisión de seguimento do COVID”. Apunta o voceiro do BNG que hai máis dun mes o goberno local anunciou que se ían elaborar unhas táboas de axudas aos afectados pola paralización de actividade “e tampouco sabemos nada diso”. Lourenzo incidiu en que nestes momentos “é importante estar xuntos e ao lado dos veciños”, e esixe ao goberno local “que actúe”. O portavoz municipal do BNG destacou que “o que se nos vén por diante vai esixir que todos, máis alá da nosa ideoloxía, deamos o mellor de nós mesmos, porque é o que a veciñanza demanda”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará