Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha mesa de expertos estuda como regresar á normalidade en Redondela de xeito seguro e coordinado

RR_Noticias

Un dos temas abordados nesta primeria reunión, presidida pola alcaldesa Digna Rivas e na que estiveron presentes de xeito telemático expertos en distintas áreas da sanidade, ensino, prevención de riscos laborarais, xeriatría e seguridade, é buscar un lugar axeitado para que o alumnado que se vai examinar da Abau en Redondela, ao redor duns cen mozos e mozas, o fagan con todas as medidas de seguridade.

Redondela celebrou este sábado a primeira reunión de persoas expertas coas que quere contar o Goberno “para que as distintas fases da desescalada no municipio se realicen dun xeito seguro e coordinado”.
Participaron o especialista en Medicina Familiar do Centro de Saúde de Redondela, José Emilio Santiago Niego, o especialista en xeriatría e presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez Vázquez, o exreitor da Universidade de Vigo, Domingo Docampo Amoedo, a xefa de estudos do CEIP Laredo, Ana Ruíz del Olmo Pérez, o enxeñeiro e técnico en risos laborais, Ignacio Sánchez Sánchez, o xefe accidental da Policía Local de Redondela, José Delmiro Pampillón López, a alcaldesa, Digna Rivas e representantes do equipo de goberno.
Un dos primeiros temas que se puxo sobre a mesa foi a celebración das probas da Abau, ao contar coa proposta que a Consellería de Educación lle fixo aos centros para que as probas se poidan celebrar en Redondela “polo que hai que buscar o lugar máis idóneo e seguro para que preto de 100 rapaces e rapazas de Redondela e Soutomaior poidan realizalas con todas as garantías sanitarias e de seguridade”.
Preténdese con estas xuntanzas, cuxa periodicidade dependerá da evolución do COVID 19, que expertos e expertas en distintos campos aporten a súa experiencia para que o “camiño cara a normalización que agora comezamos, sexa seguro e que poidamos contar coa opinión de persoas de experiencia e valía contrastada nos distintos campos”, asegura a alcaldesa, quen salientou ademais a relevancia de poder contar con expertos en sanidade “logo de que o SERGAS se negase a facilitar ao Concello de Redondela datos sobre a evolución do COVID-19 no municipio”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará