Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía fala de comportamentos maioritariamente responsables nas saídas con nenos en Redondela

RR_Noticias

A xornada de onte foi o primeiro paso nun desconfinamento que se prevé sexa paulatino. Malia algunhas imaxes sobre supostos incumprimentos na normativa, en Redondela e segundo explican dende a Policía local “non se deu a falta de responsabilidade que se observou noutros lugares”. Con todo, “tampouco servimos de exemplo” polo que fan un chamamento a seguir as indicacións que establecen que os menores vaian acompañados dun único adulto, que non se separen do domicilio máis dun kilómetro e durante unha hora e que respecten a distancia de seguridade.

Concello e Policía Local fan un chamamento á responsabilidade dos maiores “para non tirar pola borda todo o traballo feito ata o de agora” e lembran que “está nas nosas mans avanzar ou retroceder”.
Ao mesmo tempo adiantan que, xa a partir desta semana, as e os axentes da Policía Local incrementarán o control das zonas naturais e paseos autorizados “para vixiar polo cumprimento das condicións establecidas para o paseo dos menores”.
Os axentes seguen ademais realizando controis nas estradas e solicitando os correspondentes permisos que acrediten que os condutores están autorizados a se desprazas. Uns controis que tamén se realizan en horario nocturno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará