Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Antonio Prieto: “Hai que adaptarse á situación, o máis duro é dixerir o número de vítimas”

RR_Noticias

Coa tranquilidade e a sabedoría que lle dan os seus 85 anos de vida, Antonio tenta levar o mellor que pode o día a día e o aburrimento que supón estar pechado na casa. Malia recoñecer que bota moito de menos a vida social “estraño moitísimo ás miñas compañeiras da Cruz Vermella” mantén un confinamento total que combate realizando algunhas rutinas “fago ximnasia, pinto, leo e  camiño polo eido”.

Non o dubida e cando lle preguntan que é o que peor leva desta crise sanitaria que nos tocou vivir non fai referencia a súa situación persoal, o máis difícil di “é dixerir o número de mortos diarios” que vai deixando esta pandemia. No seu día a día o que máis lle pesa é o aburrimento pero con resignación explica que hai que adaptarse a unha situación que nos viu de golpe. El faino con rutinas, así cada día levántase e fai algo de ximnasia, bota man das súas afeccións, como son ler e pintar, e camiña polo eido. Recoñece a importancia de ter un cacho de terreo para non estar pechado entre catro paredes “podo pasear un pouco e traballar a terra, o caso é ir matando o tempo”, pero sobre todo, recoñece ter a sorte de non vivir so “estou coa familia, nada que ver cos que teñen que pasar isto en soidade”.  

Antonio Prieto usuario Cruz Vermella
O que máis lle pesa é saber a de xente que oestá pasando mal
Vida social
Bota de menos ás súas compañeiras dos cursos da Cruz Vermella
Día a día
Adaptarse a nova rutina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará