Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente recoñece deficiencias na recollida do lixo

RR_Noticias

Os motivos dunha menor frecuencia na recollida do lixo durante a Semana Santa responde, segundo explican dende o departamento de Medio Ambiente, a que a empresa concesionaria do servizo, Urbaser adapta o seu funcionamento aos cambios que a planta de Sogama en Porriño introduce por mor dos días festivos. A Concellería anuncia que negociarán coa empresa para tentar resolver estas deficiencias que se producen cando coinciden varios días festivos.

Así, estas instalacións de Sogama non recollen nin vidros nin cartóns dende o xoves 9 ata o luns 13 e tampouco recolle os envases nos días festivos. Por esta razón, UBASER adapta o seu funcionamento diario durante a Semana Santa e deixa de recoller envases, vidros e papel dende o Mércores previo ao xoves santo ata o luns (neste caso dende o día 9 ao 13). Tamén reducen a frecuencia na recollida de lixo.
Dende o BNG denunciaban esta mesma semana que zonas de varias parroquias quedaron sen recollida de residuos durante cinco días e que moitos colectores víronse desbordados durante a pasada semana. Por este motivo presentaron un escrito ao goberno local para que se estuden posibles sancións a Urbaser polos incumprimentos. Dende o goberno explican que o acontecido na Semana Santa non da lugar a sanción algunha atendendo a que a empresa cumpre o recollido no contrato.
Recoñece a Concellaría de Medio ambiente que “o contrato feito hai 13 anos, ten algunhas deficiencias para casos nos que coinciden varios festivos, deficiencias que se tentarán de resolver negociando coa empresa concesionaria para tentar mellorar o servizo. Estas negociacións terán que ser resoltas sen poder exixir responsabilidades a empresa pois aínda que con deficiencias puntuais estase a cumprir o acordado naquelas datas do ano 2007 polo Goberno Bipartito que gobernaba Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará